
O usuario pode acceder á información presente nos dispositivos instalados nas estradas como equipos de tomas de datos que achegan o número de vehículos, velocidade, densidade de circulación… nun tramo de estrada; información de estacións meteorolóxicas e as mensaxes dos panais luminosos.
A interface de uso deste novo sistema de mapas permite a visualización a xeito de mapa ou con imaxes híbridas que engaden imaxes aéreas das zonas exploradas. Hai que destacar que o sistema está en español, galego, catalán, vasco, francés e inglés. Os usuarios rexistrados poderán crear páxinas personalizadas cos seus traxectos habituais (o que suporá un aforro de tempo en consultas ulteriores).

A DGT informa sobre a situación actual do tráfico a través unha ferramenta baseada en Google Maps
Compartir Este Artigo
