American Airlines está a dar os últimos pasos para habilitar servizos de acceso á Rede nos seus avións. A compañía, que traballa ombro con ombro con AirCell (subministradora de sistemas de comunicación para avións), quere deste xeito marcar a diferenza nun mercado no que cada día que pasa semella máis difícil competir (en parte polas ofertas das empresas de baixo custo), sendo a Rede, igual ca en moitos establecementos hostaleiros das nosas vilas e cidades onde se ofrece WiFi, o factor distanciador. A medida de American Airlines comezará a dar os seus froitos o ano que vén nos modelos 767-200.
Segundo informa Reuters, o investimento no proxecto incluirá a cifra nada desprezable de 100.000 dólares por avión. A diferenza do que acontece nunha boa parte dos establecementos onde se ofrece WiFi, o servizo non será de balde (tendo en conta o investimento, case resultaría imposible que así fose), pero tampouco semella excesivamente caro: valerá 10 dólares por voo.
American Airlines ofrecerá Internet nos seus voos por 10 dólares
Compartir Este Artigo
