Os sistemas de recomendacións de novas baseados nas votacións dos usuarios son toda unha moda de xeito que podemos ver novas tecnolóxicas en Digg, Menéame é a súa réplica en español, e para temática galega tamén temos a Chuza, e agora temos un novo servizo chamado LOLgle, que ten un nome nacido do acrónimo LOL (Laughing Out Loud, ou sexa, escachando coa risa) e que vén a ser un sistema de recomendación e valoración de curiosidades e cousas graciosas para aledar o día ós seus usuarios.
LOLgle naceu onte, polo que aínda non ten moitos contidos, pero promete ser un bo lugar onde pasar os momentos de lecer durante o verán.
LOLgle convida a ver as curiosidades na web
Compartir Este Artigo
