
Grazas a esta última técnica de crackeo do iPhone se poden liberar case tódalas súas funcións, aínda que dende algúns blogs indican que presentan certos problemas para utilizar a opción de visualización de vídeos de YouTube e tamén comentan a posibilidade de que as actualizacións do firmware do iPhone poidan invalidar estes caros móbiles (que se están a vender a uns 60.000 dólares de Hong Kong, ou sexa, preto de 570 euros).
Adaptan o Multi-Arcade Machine Emulator para o iPhone
Tamén está a captar a atención da xente a creación de aplicacións non oficiais para o iPhone, que comezaron por un par de curiosidades e agora poderían ter a moitos usuarios en vilo tralo anuncio de que xa hai unha versión do M.A.M.E. para o iPhone, o que permite xogar a distintas máquinas recreativas (coma o Pac-Man ou o Galaga) dende o móbil de Apple, aínda que topan cun atranco importante no tocante ó control destes xogos (xa que o iPhone baséase nunha pantalla táctil).
Este novo emulador de máquinas recreativas aínda funciona moi lento e precisa optimizarse para permitir xogar dende o iPhone, pero é un claro exemplo de que a comunidade de desenvolvedores de software está a mirar con atención ó dispositivo que promete revolucionar o xeito de ver os móbiles.
