Dende Vieiros informan de que a web da Deputación de Lugo comeza a amosar cambios dende a mudanza de goberno ó incluír información como as retribucións dos membros políticos e do persoal eventual do organismo provincial e ó comezar a introducirse o galego dentro da web.
Así, dende a carta de saúdo do novo presidente do ente ata as novas publicadas están en galego, informándose tamén de que o proceso de tradución de tódolos contidos está en marcha, de xeito que nos vindeiros meses poderemos ver unha adecuación total dos textos na web oficial.

A Deputación de Lugo está a traducir os contidos da súa páxina web
Compartir Este Artigo

