O grupo galego Cremadegaita vén de estrear sitio web, deseñado por David Macía. A páxina achega unha serie de novidades tanto no fondo como na feitura, e todo semella cen por cen encamiñado a achegar un pouco de dinamismo ó panorama actual de sitios en liña vinculados ó eido da música. A páxina articúlase en diferentes seccións: unha historia sobre o grupo (que partindo da música folk galega vaise deixando influenciar polo tanto, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova), un apartado para dar conta das novidades referentes á agrupación e as súas actividades, unha galería de fotos e un espazo onde se dá conta da discografía.
Tamén inclúe unha sección chamada “Máis crema” dende a que sen ofrecen recursos de prensa, ligazóns e material para descargar, entre o que se inclúen imaxes, salvapantallas e partituras das cancións do grupo. Os servizos da web están accesibles tanto en galego (lingua que sae por defecto ó visitala) como en inglés, castelán ou francés.
O grupo galego Cremadegaita estrea sitio web
Compartir Este Artigo

