Dende a adquisición por parte de Google, os
desenvolvedores de YouTube están a traballar na reescritura da súa API usando o protocolo de datos do buscador, e finalmente remataron o seu traballo, publicando a nova API que abrirá o servidor de vídeos á creación de novas e interesantes mashups.
A nova API engade flexibilidade no filtrado, nas consultas e nas saídas da
información, permitindo tamén o acceso a comentarios e a vídeos relacionados de YouTube. Así, agora é posible desenvolver aplicacións coma un remexido de instantáneas de vídeos, bloques gráficos cos últimos vídeos subidos para engadir nas nosas webs ou videomapas virtuais.
YouTube renova a súa API aumentando os posibles mashups
Compartir Este Artigo

