Un estudo realizado por iSuppli confirmou as previsión de Apple de que venderá 4,5 millóns de terminais iPhone este ano (podendo chegar ós 30 millóns en 2011) de xeito que lideraría o mercado dos teléfonos intelixentes.
No mes de xullo en EE.UU. Apple rexistrou o 1,8% do total de entregas de móbiles, de xeito superarían á suma de vendas de Blackberry de RIM, da serie completa de Palm e de calquera modelo individual de Motorola, Nokia ou Samsung, podendo compararse á boa comercialización do LG Chocolate (un dos teléfonos máis populares).
iSuppli tamén destacou que a terceira parte dos compradores dun iPhone tiveron que migrar a AT&T (empresa que ten a exclusiva do móbil de Apple), e agárdase que nos vindeiros meses a progresión nas vendas do iPhone se desenvolvan dun xeito sen precedentes para un teléfono deste tipo.
ACTUALIZACIÓN: iSuppli confirmou que o iPhone non superou en vendas ós Blackberry.
O iPhone lidera o mercado dos smartphones en EE.UU.
Compartir Este Artigo

