Presently podería ser a ferramenta en liña de Google para ocupar o lugar do
PowerPoint de Microsoft, ou sexa, que a familia de Google Docs que permite
facer documentos de texto e follas de cálculo contaría tamén cun sistema de
presentacións que podería emerxer nos vindeiros días segundo publican
en The Inquirer.
A nova aplicación estaría baseada parcialmente en código conseguido por Google
trala adquisición das empresas Zenter e Tonic Systems a primeiros de ano, e
podería pechar o círculo de aplicacións que porían en xaque ó software baseado
no escritorio para pasar a apostar pola Rede.
A estrea do PowerPoint de Google podería ser inminente
Compartir Este Artigo

