A empresa galega Retegal, que forma parte da Xunta, vén de comunicar a súa intención de seguir a constituírse como unha firma forte e con feitura de independente, na procura de mellorar os seus servizos en materia de xestión das telecomunicacións en Galiza. Nesta liña é onde se inscribe o seu obxectivo de afondar na xestión interna dos recursos humanos, que ata o de agora se apoiaba no emprego do programa Epsilon no servidor da CRTVG. Segundo sinala Retegal, este novo paso consiste en adquirir a ferramenta GC-Epsilon-RH do Grupo Castilla, “o que lle permitirá xestionar de xeito interno a confección da nómina adquirindo a autonomía precisa parte ter dunha maneira doada toda a información relativa ós pagos dos empregados”.
Retegal renova o seu método de xestión de recursos humanos
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta convoca novas probas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais no nivel iniciación
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica ofrece formación en ciberseguridade para un nadal máis seguro
- As persoas maiores de 74 anos que usan internet en Galicia duplícanse en catro anos
- Unha de cada catro empresas galegas con dez ou máis persoas empregadas utiliza intelixencia artificial
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter