Durante a presentación do libro de Javier Cremades Micropoder. La fuerza del ciudadano en la era digital, Mariano Rajoy, presidente do Partido Popular de España, adiantou parte do programa político da súa formación para os vindeiros comicios electorais, destacando o feito de que se oporá ó canon indiscriminado que «penaliza o talento» mentres que destacou que «o esencial da Internet non é a copia, senón a creatividade».
Tamén anunciou que defenderá unha política de fomento do ADSL que sitúe ós españois ó nivel dos franceses, quen a un prezo inferior teñen conexións de 8 veces máis potencia ó usuario medio.
Rajoy considerou importante tamén o espallamento do Wi-Fi, prometendo que a promoverá «non só para tódolos edificios públicos da Administración, os centros escolares e as estacións e aeroportos» senón que tamén pretendería que «en 4 anos tódalas cidades maiores de 20.000 habitantes dispoñan de espazos que estean aberta a esta tecnoloxía».
Rajoy anuncia que o PP se oporá ó canon dixital
Compartir Este Artigo

