A listaxe de puntos de acceso Wi-Fi en todo o mundo elaborada por iPass Inc. amosa que España ten o 1% do global, o que sitúa ó noso país na novena posición, e reflicte así o importante ascenso que ten esta tecnoloxía.
As conexións sen fíos incrementáronse un 68% no primeiro semestre de 2007, fronte ó 44% rexistrado o ano anterior, destacando que, aínda que os EE.UU. segue a ter máis da metade dos hotspots, en Europa está a medrar a pasos axigantados o seu número.
En España o crecemento interanual foi do 170%, o que aínda está lonxe do 239% da media europea, pero que permite manter ó Estado nunha boa posición global.
O estudo de iPass tamén analiza as conexións en aeroportos, cafeterías e hoteis, así como por cidades, de xeito que podemos ver que Londres é a cidade con máis puntos de acceso Wi-Fi de todo o mundo, seguida de New York e Chicago, mentres que o aeroporto desta última cidade é o que ten máis conexións do mundo e, en Europa, sería o aeroporto de Heathrow o que se faría con tal recoñecemento. Estas cifras virían a confirmar que os aeroportos se están a converter na segunda oficina de moitos pasaxeiros aéreos.
España está na 9ª posición mundial en puntos de acceso Wi-Fi
Compartir Este Artigo

