A serie de televisión The L Word protagonizado por unhas amigas lesbianas parece ter inspirado unha serie española que non verá a luz na televisión senón na Internet, como xa pasara con Girltrash! que en 9 webisodios contaba as orixinais aventuras dunhas mozas homosexuais.
En España temos agora Apples, que vai polo seu segundo episodio, e que se pode ver na súa web ou descargar a través de eMule, amosándonos as vidas dun grupo de estudantes lesbianas, unha manequín e unha gata de peluche, desenvolvéndose a historia en 2 pisos sitos no mesmo edificio, mudándose as protagonistas de un a outro segundo as súas relacións persoais e sentimentais. Cada un dos 7 capítulos está contado por un personaxe.

Podemos ver un trailer desta serie de ficción:
Apples, unha serie lésbica que se estrea na Internet
Compartir Este Artigo

