O servizo de rexistro de dominios de Internet baixo o sufixo .es ábrese hoxe ós caracteres internacionais de xeito que símbolos como ñ, ç, tildes e diéreses xa se poderán solicitar para actuais dominios existentes. Deste xeito, os responsables de domnios coma acoruna.es poderán solicitar a reserva do dominio acoruña.es, para irse ponde en funcionamento de xeito escalonado.
Esta primeira fase de rexistro durará ata o 30 de outubro, e só estará dispoñible para titulares de dominios rexistrados antes do 1 de xaneiro de 2007, e que permitirá a súa adaptación a dominios multilíngües mediante o sistema IDN (nomes de dominio internacionalizados).

Hai que destacar que o sistema español nun principio protexe os caracteres españois, e non consta o que se fará con nomes en chinés ou cirílico (que tamén están soportados por IDN).
Os dominios puntoes comezan a aceptar os caracteres internacionais
Compartir Este Artigo

