
Esta decisión de Galli non se tomou á forza, senón que pretende evitar problemas á súa Universidade, pois non tiña pensado eliminar entradas do seu blog totalmente fundamentadas porque molestasen ó obxecto das súas críticas. Na explicación do peche do seu blog na UIB deixa claro que a lei está da súa parte e ratifica a súa posición no tocante ós contidos que se querían vetar, pois se trataban dunha denuncia dun suposto Observatorio de Internet, no que o seu pretendido director se dedica a realizar declaracións sensacionalistas á prensa e Galli o deixa quedar en evidencia coa simple análise da agora desaparecida web do Observatorio (dende a que mesmo se practicaba link farming).
O supostamente ofendido era F. Canals Carreras, quen leva dende 2002 estudando fenómenos relacionados coa delincuencia na Rede e pretendendo ser un pioneiro coma investigador de Internet profesional. Canals mesmo anunciou que para os vindeiros meses vai publicar informes sobre as estafas educativas en Internet, seitas e sociedades secretas na Rede, roubos de identidade e secuestros en liña express… e mesmo prepara o Libro Vermello do Cibercrime. Resulta doado entender así a qué se dedica o comunicador que pretende eliminar da Rede a crítica de Galli, quen pola súa banda insta ós xornalistas a investigar as súas fontes, dado que a credibilidade de Canals é algo sumamente discutible a tenor do que se pode atopar sobre o seu Observatorio na Internet.
O fundador de Menéame muda o seu blog ante unha posible censura
Compartir Este Artigo

