Finalmente, malia as moitas peticións de indulto procedentes de asociacións veciñais de Santiago (máis de 12.000 sinaturas) e dos partidos políticos (PSOE e BNG) que gobernan na capital de Galiza, xa están na cadea os tres do Eixo, dos que falamos onte para dar conta dun espazo en liña que servirá para darlles voz e informar das vindeiras actividades e mobilizacións ó favor da súa liberación.
Hoxe volvemos sobre o tema para informar doutro feito vinculado ás posibilidades da Rede como ferramenta de comunicación e, asemade ó movemento cidadá a prol do indulto a Simón, Xosé e Xesús, condenados por agredir a un axente de policía hai case unha década. Trátase dun vídeo pendurado na canle de Arrredemo onde se recolle a versión dos feitos (dende as orixes, coa construción dunhas obras públicas rexeitadas polos veciños desta parroquia de Santiago ata o día de hoxe) achegada directamente polos tres do Eixo.
O vídeo, que dura case unha hora, vén acompañado do seguinte texto: “Pola xustiza. Contra a inxustiza”. Amais disto, podemos ver estoutra peza en agalega.info na que se recolle a chegada á cárcere de Teixeiro de un dos acusados, en directo.
Os tres do Eixo dan a súa versión dos feitos nun vídeo pendurado na Rede
Compartir Este Artigo

