INEO, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación vai acudir -en representación das TIC galegas que a integran- á Feira Internacional de Informática, Multimedia e Telecomunicacións (SIMO) que deu comezo esta mesma mañá en Madrid e que ficará aberta ata o vindeiro 11 de novembro. Á dita feira acuden as empresas Academia Postal, ASM Soft, Imatia Innovation, Microsistemas e Quobis NetWorks e todas elas contan cun espazo propio dentro do stand de INEO dende onde van difundir as novas tecnoloxías galegas de cara ó público asistente.
Os responsables de INEO aseguran cumprir deste xeito o seu obxectivo de “acadar a maior representatividade posible para as súas empresas socias e posicionarse como a asociación TIC de referencia en Galicia tanto a nivel nacional como internacional”.
INEO, como representante do sector TIC en Galicia, está formada por 74 empresas das catro provincias galegas, dedicadas a emprestar servicios e apoiar o desenvolvemento e a implantación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
INEO acode a SIMO en representación do sector tecnolóxico galego
Compartir Este Artigo

