
Con este curioso lanzamento, a película independente pode chegar ó público sen contar co apoio das grandes produtoras de Hollywood, aínda que lle resultará complicado recuperar os 4 millóns de dólares que custou a peza audiovisual, pero fai posible a estrea dunha obra que doutro xeito non chegaría ó mercado.
A comercialización a través de iTunes podería considerarse unha estrea de verdade que non rivalizaría coa súa explotación en DVD no futuro, xa que a xente aínda non está afeita a ver vídeos descargados no televisor, de xeito que o máis habitual é velos no ordenador ou nun iPod, de xeito que podería ser un interesante xeito de aproveitar a plataforma de Apple coma promoción do filme protagonizado por Debra Messing, Selma Blair e Patrick Wilson.
Purple Violets será a primeira película estreada directamente en iTunes
Compartir Este Artigo

