Ata un total de 7.757 visitantes achegáronse nos pasados días a Lugo para comprobar “in situ” os usos e aplicacións das Tecnoloxías da Información e a Comunicación que lles ofrecía o Espacio Avanza, a iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que pretende impulsar a Sociedade da Información entre a cidadanía e mostrar os beneficios das ferramentas tecnolóxicas perante a sociedade.
O patio do edificio administrativo do Concello de Lugo foi o escenario escollido pola cidade para acoller esta edición do Espacio Avanza e ata alí poideron achegarse os cidadáns interesados en asistir a diversos cursos e obradoiros de informática e outras áreas temáticas das novas tecnoloxías.
De tódas as ofertadas, a zona do fogar e do cidadán foi o espazo máis visitado, coas demostracións en torno á domótica do fogar e á información da Televisión Dixital Terrestre (TDT) seguida da zona dedicada á educación, onde os máis cativos disfrutaron debuxando na pizarra electrónica.
As vindeiras paradas do Espazo Avanza serán Elche, do 26 ó 30 de novembro, León, do 12 ó 16 de decembro e Tarragona, do 9 ó 13 de xaneiro.
Más de 7.700 cidadáns visitaron o Espacio Avanza en Lugo
Compartir Este Artigo

