Tras varias informacións que apuntan a que en maio
de 2008 Telefónica venderá en España un iPhone con tecnoloxía 3G agora é o
director xeral de AT&T, Randall Stephenson, quen asegura que en
2008 se comercializará o iPhone con tecnoloxía móbil de terceira xeración.
Stephenson asegurou o lanzamento do novo iPhone aínda que tampouco se atreveu a
anunciar o prezo que terá o terminal 3G, que nun principio podería ter unha
autonomía inferior, dado que o consumo de UMTS é maior que o da tecnoloxía
EDGE.
AT&T confirma unha versión 3G do iPhone para 2008
Compartir Este Artigo

