O concurso de proxectos Galiciencia, organizado pola Tecnópole, contou coa participación de novos investigadores-alumnos de Secundaria de toda España que expuxeron 31 proxectos orientados a propor solucións para necesidades moi presentes na vida cotiá.
A meirande parte dos proxectos presentados (19) eran galegos, polo que non foi de sorprender que os alumnos dos institutos de San Mamede de Maceda e Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar (ambos da provincia de Ourense), fosen os que levasen os 2 primeiros premios.
O proxecto gañador foi unha investigación sobre a alimentación da curuxa, mentres que o segundo premio foi para un sofisticado sistema contra incendios para edificios baseado nos circuítos de calefacción e que xa está en proceso de patente.
Os galardón entregáronse ó final da xornada de portas abertas das actividades da Semana da Ciencia organizadas pola Tecnépole no Auditorio de Ourense.
Os investigadores galegos arrasan no concurso Galiciencia
Compartir Este Artigo

