
Na Internet xa hai análises exhaustivas da reprodución destes formatos MPEG-4 na consola de alta definición de Microsoft, e se confirma que pode reproducir vídeos non só dende CD e DVD, funciona coa meirande parte dos ficheiros descargados da Internet (incluíndo os que empregan audio AC3), é compatible con Windows Home Server (para achegar os contidos DivX/XviD dende un ordenador conectado en rede), permite seleccionar manualmente entre a reprodución en formato letterbox ou estirado e conta coas opcións de desprazamento rápido nos vídeos (tanto cara adiante como cara atrás), e aínda que non é un reprodutor perfecto, de seguro que satisfará á meirande parte dos usuarios.
A Xbox 360 xa soporta DivX
Compartir Este Artigo

