Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace Soitu.es coma un medio aberto e participativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Nace Soitu.es coma un medio aberto e participativo

Marcus Fernández
Publicado: 27/12/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

soitu.es.jpgDespois dunha espera de varios meses, a iniciativa de Gumersindo Lafuente, antigo responsable da edición dixital de El Mundo, Soitu.es, ve a luz coma un novo medio dixital que busca conxuntar o rigor do xornalismo tradicional coa filosofía propia da Internet.
Soitu.es álzase coma un medio independente e aberto, que publicará información elaborada por xornalistas, profesionais (expertos en distintas ramas do coñecemento) e lectores (cun criterio interesante e distinto).


Gumersindo Lafuente e Borja Echevarría explican, en qué consiste soitu.es.

A nova publicación reparte os seus contidos en novas de portada, medio ambiente, vida urbana, vida dixital, tendencias, sexo, saúde, sobre rodas, videopatía e Top of the Tops, incluíndo tamén os blogs de Anatoli e El Descodificador (que antes se publicaba en El Mundo). Os usuarios tamén poden rexistrarse para comentar as novas de Soitu.es e para publicar os seus propios artigos, que poderán ser seleccionados para estar en lugares visibles da web, polo que recibirán unha compensación económica (10 euros por chegar a portada de sección e 20 euros por chegar á portada xeral).
34 persoas integran a redacción e o equipo técnico que leva Soitu.es, aínda que tamén hai un completo grupo de colaboradores que completan os contidos deste novo medio, destacando os galegos Juan Varela, que fala de novos cidadáns e medios dixitais na súa sección Sociedad Cableada, e Juan Freire, que fai un achegamento á tecnoloxía que nos fai humanos en Piel Digital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?