Os medios audiovisuais non son un problema, pero si quen os controla e unha boa parte (cada vez máis) de quen fala neles. Por exemplo: pensemos no que aconteceu hai uns meses no metro de Barcelona, logo de que un individuo agredise a unha inmigrante e as cámaras o gravasen. Con posterioridade a estes feitos, os medios non descasaron ata que lle deron moitos máis minutos ó agresor perante os micrófonos do que lle teñen dado a calquera persoa que tivese traballo no Estado a prol dos dereitos dos inmigrantes. Ou sexa: para as televisións, importas máis se bates que se axudas. Poñer fin a isto, ou polo menos axudar a que se corrixan un pouco as cousas é o obxectivo de La Xarxa d”educació en Comunicació, rede catalá que busca rematar co analfabetismo mediático.
Segundo informa Vieiros, a rede está a pendurar vídeos en galego sobre a cuestión.
Do que se trata é logo de fomentar a conciencia crítica, ou sexa, de non asumir como dogma de fe todo o que vemos na pantalla dos televisores, e de aprendernos a diferenciar o que é positivo e de calidade do que é simple e puro lixo. No espazo Dailymotion.podemos ver xa cinco vídeos sobre a iniciativa, subtitulados na nosa lingua e, tematicamente, poñendo de relevo que non se pode falar de preparación ou de proxectos públicos ou de tipo privado que axuden ós cidadáns (e especialmente ós nenos e ós adultos con menos recursos formativos) a ollar de esguello e con distancia o que lles ofrecen as cadeas do audiovisual.
Pendurados na Rede vídeos en galego contra a falta de espírito crítico perante as TVs
Compartir Este Artigo

