A Tecnópole vén de facer un uso social do importe aforrado nas tarxetas do pasado Nadal, agora que o envío das mesmas polo dixital evita ter que pagar en transporte e papel. Máis polo miúdo, estes cartos investidos en equipamentos tecnolóxicos para a Asociación de Pais a prol de Persoas con Discapacidade Psíquica de Ourense (Aspanas). O acto de entrega destes equipos celebrouse este luns 21, perante a presenza do director da Tecnópole, Ricardo Capilla, e máis da presidenta do dito colectivo, Maruja Román.
En concreto, o material achegado inclúe unha televisión LCD de 32 polgadas, un DVD gravador e unha cámara de fotos. Estes aparellos tecnolóxicos teñen un valor de mil euros, que é o equivalente dos custos que constituirían o deseño, impresión e envío postal das tarxetas das pasadas festividades.
Segundo sinala a Tecnópole, a iniciativa insírese na súa política de responsabilidade social, á vez que constitúe tamén unha pequena aposta pola protección medioambiental, ó achegar un aforro de papel.
A Tecnópole fai entrega de material tecnolóxico a discapacitados de Ourense
Compartir Este Artigo

