
TVE, Antena 3 e LaSexta parecen ser as canles que se enredan nesta absurda loita na que todos parecen querer ser os pioneiros nun formato de interactividade copiado dos EE.UU.
Presentación de Elecciones08 |
A primeira canle en sumarse a esta nova tendencia foi Televisión Española, que estreou unha canle electoral en YouTube na que os cidadáns poderán enviar preguntas en vídeo dirixidas ós candidatos, das que as seleccionadas se emitirán por TVE dentro dos programas de entrevistas que se retransmitirán nos vindeiros días, podendo tamén os internautas botar polas súas preguntas favoritas a partir do 14 de febreiro.
Esta nova plataforma se promocionará a través dunha web de RTVE na que se explican os detalles desta iniciativa, dando consellos a quen desexe participar (coma que os seus vídeos non duren máis de 30 segundos, que se identifique o autor ou destacar pola orixinalidade).
Segundo Rosalía Lloret, directora de Medios Interactivos de RTVE, esta iniciativa nace «a raíz do éxito do programa Tengo una pregunta para usted» e pretende «fomentar a participación cidadá no proceso político».

Presentación de Elecciones9M |
Amais, tamén levarán a comunicación das eleccións ós novos soportes coma Internet, a telefonía móbil (SMS, MMS, WAP, vídeo baixo demanda e televisión móbil), televisión por Internet, etc.
LaSexta decidiu seguir o mesmo camiño que o resto de canles televisivas, aínda que dun xeito menos áxil, pois a súa aposta céntrase na creación da web TúPreguntas.com, que non estará operativa ata o vindeiro luns.
A iniciativa de LaSexta preséntase coma un reto lanzado a Zapatero e Rajoy, para que respondan ás preguntas dos internautas ós dous líderes políticos, seleccionando as máis orixinais e incisivas para un potencial debate televisivo desta canle.
LaSexta permite o envío de preguntas a través de webcam na súa web especial, remitindo o enderezo dun vídeo subido a YouTube e mesmo escribindo a pregunta en texto (sen vídeo). Os usuarios da web tamén poderán opinar sobre as preguntas enviadas e intercambiar ideas con outros cidadáns.

