
En definitiva, o que se procura é falar dunha situación real de Administración Electrónica galega na que todo o que atinxe á relación da sociedade coas institucións autonómicas poida ser presentado e desenvolvido na Rede. As medidas de Presidencia, das que falamos nesta web, foron presentadas con motivo dun acordo de colaboración coa Junta de Andalucía neste eido do dixital.
O novo portal, que sería un dos proxectos estrela deste feixe de iniciativas, faría posible realizar máis de 400 procedementos administrativos e sería a porta de entrada principal ós distintos espazos web da Xunta, arredor de 120.
Amais de todo isto, a idea é que a nova plataforma sirva para darlle un aire diferente á información, ou máis propiamente á presentación da mesma, poñéndoa sempre en ligazón estreita cos intereses dos cidadáns, segundo sinalou o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.
Engadiu que o novo portal fará posible tramitar de xeito telemático trámites de nivel 3 (como dixemos, ata 400), que é a etiqueta que emprega a Unión Europea para designar un nivel de Administración Electrónica que vai alén do meramente informativo e que posibilita tramitación, axilidade na xestión, seguridade e confidencialidade.
O novo portal da Xunta permitirá levar a cabo máis de 400 procedementos
Compartir Este Artigo

