Telefónica Movistar vén de lanzar un novo módulo de aforro Puente Movistar dirixido ás persoas estranxeiras que residen en España e que consiste en agasallalas (por darse de alta na compañía) cunha hora de chamadas de balde a calquera fixo ou móbil do país escollido.
Os clientes de Puente Movistar obterán asemade ata 10 euros cada mes para chamar de balde ó pais seleccionado, que vén sendo o equivalente ó 20 % do importe de tódalas chamadas nacionais que teña efectuado no mes anterior a outros números da compañía.
Os interesados poden solicitar no 4550 o saldo do regalo de benvida, así como o agasallo mensual de tráfico e recibirán no seu móbil unha mensaxe de texto coa información que precisan para darse de alta no servizo.
Puente Movistar carece de cota mensual e ata o vindeiro 18 de marzo a alta para os tres millóns de persoas estranxeiras que se poden beneficiar do mesmo é totalmente gratuíto. Os países nos que funciona este servizo de Telefónica son: Romanía, Bulgaria, Ucraína, Alemaña, Reino Unido, Arxentina, Brasil, Colombia, Ecuador, Bolivia, Perú e Marrocos.
O prezo da chamada para darse de alta no 4550 é de 0,15 euros+IVA ou de balde a través do 609 de Atención ó Cliente.
Telefónica ofrécelles ós seus clientes inmigrantes 60 minutos en chamadas de balde
Compartir Este Artigo

