Sony anunciou novos produtos para os vindeiros meses, entre os que destaca unha edición especial da consola PSP en cor vermello personalizada coa imaxe de Kratos, o protagonista do novo God of War: Chains of Olympus, xogo que tamén se inclúe nun paquete que se completa coa película Supersalidos en UMD e un vale de descarga de Syphon Filter: Combat Ops de balde. Este atractivo paquete se venderá en xuño nos EE.UU. a 199,99 dólares.
A irmá maior da PSP, a PlayStation 3, tamén terá unha edición especial con 80 Gb de disco duro que incluirá o xogo Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots e un mando sen fíos DUALSHOCK 3, e se venderá a 499,99 dólares no mes de xuño.
Amais, o controlador DUALSHOCK 3 tamén se comezará a vender solto a partires do mes de abril, a un prezo de 54,99 dólares, que destaca por integrar tanto a vibración como o sensor de movementos SIXAXIS.
Todos estes lanzamentos corresponden ós EE.UU., descoñecéndose as datas nas que sairán en Europa.
Sony anuncia edicións especiais da PS3 e da PSP
Compartir Este Artigo

