
Agora, estas funcionalidades chegan ó PC grazas a unha aplicación de balde e compatible tanto con Windows XP coma con Vista. Aínda que Libra está en versión beta, e clona as funcións do programa antes mencionado, ou sexa, que ten unha aparencia moi elegante (emulando unha estantería coas nosas coleccións) e tamén permite empregar unha webcam para ler códigos de barras.
Ó tratarse dunha aplicación de código aberto, tamén se abre a posibilidade de que os códigos de barras sirvan para consultar distintos repositorios de contidos, e non se limiten ós poucos que hai actualmente (que son aptos para usuarios norteamericanos, pero que resultan deficientes en España).
Estas aplicacións tamén serven para xestionar os préstamos a amigos, imprimir catálogos ou exportalos para a súa publicación na Internet.
Libra permite xestionar coleccións de libros, discos, películas e videoxogos
Compartir Este Artigo

