Zattoo permite consultar a grella televisiva de varias das canles que permite recibirO popular programa informático que permite ver a televisión dende o noso ordenador sen precisar dunha tarxeta sintonizadora, Zattoo, lanzou hai pouco unha interesante actualización que, aparte de corrixir erros, inclúe novas funcionalidades coma son unha Guía Electrónica de Programación, coa que podemos consultar a grella das canles dispoñibles, ou tamén un xestor de canles, co que podemos seleccionar as canles que queremos que se amosen dende a aplicación.