A Policía Nacional desenvolveu unha operación a nivel estatal contra a instalación, en establecementos comerciais de informática, de software pirata previamente descargado de Internet.
A investigación afectou a 14 empresas, realizándose 24 detencións e 11 rexistros nos que se interviron aproximadamente 750 discos compactos (CD e DVD) con copias ilegais de software que se utilizaban para a instalación en equipos informáticos podendo chegar a causar un prexuízo ós lexítimos titulares dos dereitos das aplicacións informáticas de máis de 200.000 euros.
A operación Búho realizada pola Brigada de Investigación Tecnolóxica (BIT) da Comisaría Xeral de Policía Xudicial contou coa colaboración de axentes das Xefaturas Superiores da Policía de Cataluña, Andalucía e Murcia.
A operación policíal tamén concou cunha segunda liña de investigación centrada na acción preventiva contra a distribución de malware na Rede, detectándose virus e troianos coma o verme CommWarrior, que se atopaba oculto nun coñecido programa de navegación GPS para móbiles que podía provocar o envío masivos de mensaxes dende un móbil, a copia das axendas telefónicas (ou de mensaxes) así como a activación do Bluetooth para permitir outro tipo de intrusións.
A operación Búho concretouse en 24 detencións e 11 rexistros por piratería informática
Compartir Este Artigo

