En novembro SlySoft lanzou unha versión de proba do seu programa AnyDVD HD (a 6.1.9.6) que permitía copiar os contidos protexidos tanto de discos HD DVD coma de Blu-ray, rachando a protección BD+ prometía ós estudos cinematográficos unha garantía de inviolabilidade de 10 anos.
Agora, SlySoft anuncia a versión 6.4.0.0 do AnyDVD HD, o que xa é un programa estable, que pretende tirar proveito do fin da guerra dos formatos de alta definición, dando a coñecer que a protección das películas non pode evitar a copia privada das películas publicadas.
A nova versión do AnyDVD HD completa así as súas probas corrixindo moitos erros detectados na copia de certas películas (principalmente da 20th Century Fox).
Aparte da copia de películas, o AnyDVD tamén fai posible reproducir no ordenador calquera película en disco Blu-ray a través do PowerDVD Ultra (que nun principio é incompatible con certas proteccións destes discos), así como a reprodución de películas sen contar con tarxetas gráficas e pantallas con homologación HDCP, eliminando tamén outras restriccións (de xeito que se poden saltar os logos dos estudos ó principio de moitas películas e mesmo cambiar de subtítulos ou lingua durante as mesmas pese a estar bloqueadas).
O AnyDVD HD fai doada a copia e reprodución de películas en discos Blu-ray
Compartir Este Artigo

