
Este SP1 xa funciona para as versións de Vista en inglés, francés, alemán, español e xaponés, tanto para versións do sistema de 32 e 64 bits, e nalgún caso pode chegar a mellorar o rendemento do sistema nun 86%, polo que podería axudar a lavar a imaxe que ten ese sistema operativo.
Os novos equipos informáticos tamén incluirán en breve esta grande actualización preinstalada, no que se supón que será unha vantaxe para os usuarios, que terán unha mellor experiencia de uso do sistema operativo co que se venden os ordenadores actualmente.
Os usuarios que aínda continúen a empregar Windows XP co Service Pack 2 tamén contarán nos vindeiros días cunha nova actualización (SP3) que tamén promete mellorar considerablemente o rendemento dos seus equipos, aínda que hai que lembrar que o XP está chamado a ser descontinuado por Microsoft.
Xa se pode descargar o SP1 para Windows Vista
Compartir Este Artigo

