Un dos grandes problemas para o desenvolvemento de páxinas web é a falta de respecto dos estándares establecidos por parte dos navegadores de Internet, de xeito que unha mesma web se ve de distinto xeito segundo o programa empregado para vela, de aí que creasen un sistema de probas de estándares empregados na Web 2.0 chamado Acid3 que puntúa de 0 a 100 a compatibilidade dos navegadores cos estándares e, finalmente, xa hai programas que superaron esta proba con éxito.
Nas últimas horas o Opera anunciou que a súa última versión de proba conseguía unha puntuación 100/100 no test Acid3, de xeito que se converteu no primeiro navegador en amosar esta alta taxa de compatibilidade, pero este anuncio moveu ós desenvolvedores do motor WebKit (empregado pola navegador Safari) pisaran o acelerador e en poucas horas conseguir que a súa plataforma tamén superase o test Acid3, de xeito que Safari xa supera o Acid3.

Os navegadores Opera e Safari superan o test Acid3
Compartir Este Artigo

