
Santi Domínguez, tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, anunciou que o dispositivo (con pantalla TFT e só 200 gramos de peso) será presentado aos membros da Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU) que visiten Vigo entre os días 17 e 21 deste mes (pois a cidade olívica acollerá en 2013 a Universiada), que poderán coñecer de primeira man o que «é un sistema pioneiro no Estado español que só é empregado nalgúns museos».
Esta iniciativa conta cun orzamento duns 30.000 euros e traducirase na disposición dun total de 500 audioguías que se alugarán a 3 euros. Achegarán información en galego, español, inglés, francés e portugués e contará con varias rutas de interese:
– Vigo completo
– Vigo media xornada
– Vigo gastronómico
– Vigo e a Arquitectura
– Vigo comercial
– Vigo miradoiros, xardíns e esculturas
Nos vindeiros meses se irán ampliando as rutas e o radio de actuación, integrando no dispositivos as praias, o cinto verde, as Illas Cíes e outros lugares de interese.

