A letra escrita chama á letra escrita. O blogomillo, o colectivo galego máis ou menos definido de blogueiros e blogueiras, vén de amosalo cunha obra a moitas mans que ata o de agora podíamos adquirir en papel e agora tamén na Rede, tal e como se pode ver (e descargar) na Plataforma A Regueifa. O libro colectivo, que tamén é unha proba de que os proxectos xurdidos nunha festa non sempre se van coa máis miúdo refacho de vento, chámase Proxecto Identidade. Coma o seu propio nome indica, é unha iniciativa aberta e asentada no valor do futuro (de aí o de “proxecto”) onde se recollen múltiples visións (unha por blogueira e blogueiro) do que foi, é ou chegará a ser aquilo que nos define.
A cuestión de identidade abórdase dende diferentes enfoques: identidade como pobo, como persoas en sociedade, como marca diferencial, etc.
Hai todo tipo de formatos elixidos: contos, poesía, ensaios, ilustracións, fotos, etc. Detrás de Proxecto Identidade temos a cifra moi respectable de 54 autores, integrantes da rede galega de blogueiros comunmente coñecida como blogomillo. Aínda a risco de enlear ós lectores antes de tempo, incluímos agora a (longa) listaxe de participantes:
J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco.
Xa se pode descargar o Proxecto Identidade, libro colectivo da comunidade blogueira galega
Compartir Este Artigo

