A serie galega de televisión Linatakalam (Falemos) vén de recibir a Medalla de Ouro do World Media Festival de Hamburgo, un certame encamiñado a recoñecer a excelencia no eido audiovisual en medios de comunicación. A serie, dirixida por Valentín Carrera e producida por IBISA TV, contou coa colaboración do Seminario Galego de Educación para a Paz (traballando no deseño da ferramenta didáctica que acompaña á produción e que se dirixe ó profesorado de Secundaria). Linatakalam aborda nos seus seis capítulos temas como a necesidade de favorecer máis diálogo entre culturas diversas, neste caso a árabe e a occidental.
A serie galega Linatakalam, premiada en Hamburgo
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
- A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía
- Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na VI edición de ‘Ciberseguridade no Cole!’
- A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
