Para poder tomarlle o pulso á música na Rede, dende a BBC lanzan o Sound Index, que é unha listaxe cos cantantes e cancións que están máis de actualidade en páxinas web e servizos coma Last.FM, iTunes, YouTube e Google, actualizando tal información cada 6 horas.
No momento de escribir estas liñas podemos ver como Britney Spears e Mariah Carey lideran a listaxe de artistas, que ao analizar a súa posición por cancións perden 4 e 3 posicións respectivamente, adiantándoas Mudwayne con Death Blooms e Leona Lewis con Bleeding Love.
A web tamén conta coa opción de My Index, na que podemos definir os criterios para definir unha listaxe a medida. Seleccionamos así os servizos webs empregados para achegar a información, os xéneros musicais a analizar e o sector demográfico no que estamos interesados.
A BBC estrea un ranking musical baseado na Rede
Compartir Este Artigo

