O programa de Televisión Española presentado por Eduard Punset, Redes, considerado
como un dos mellores programas científicos da televisión mundial, volveu o
pasado domingo a emitirse, pero para atender a demanda dos seus seguidores, a súa 12ª tempada tamén se poderá ver a través
da web en Vimeo.
Con esta iniciativa pretenden superar as eiras de RTVE na Internet, como xa aconteceu no pasado, pois o propio Punset
ofrecía dende un blog ligazóns para descargar os anteriores programas de Redes.
Redes volve a La 2 e estrea canle web
Compartir Este Artigo

