Apple presentou
os seus resultados trimestrais, amosando un incremento
dos seus beneficios do 36% debido ás importantes vendas dos
ordenadores Mac e dos reprodutores iPod, o que non pareceu convencer os seus
investidores, pois as súas accións baixaron un 1% na súa cotización bolsista.
No último trimestre Apple colocou no mercado 2,29 millóns de ordenadores Mac,
10,6 millóns de reprodutores iPod e 1,7 millóns de móbiles iPhone.
Apple mellorou os seus resultados grazas ás vendas de Macs e iPods
Compartir Este Artigo

