
Nisto, en apostar por encerados que non sexan só expositores da información é no que consiste unha das iniciativas das que está a dar conta a Universidade de Vigo e que ten como primeiro e principal escenario de probas á Facultade de Bioloxía, “pioneira na instalación dos devanditos dispositivos nas aulas”, segundo informa na Web o decano do centro, Pedro Pablo Gallego.
Esta iniciativa, inscrita na adaptación das universidades galegas ós requirimentos de mellora do ensino do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deu comezo na Facultade de Bioloxía hai xa dous anos, polo que é de agardar que os alumnos xa estean plenamente afeitos á incorporación da tecnoloxía. Polo menos, así o certifica o decano.
O caso é que á experiencia da Facultade neste eido está xa dándose a coñecer, co fin de achegar toda a luz posible sobre as súas vantaxes e utilidades. Esta, divulgar os usos dos encerados dixitais, foi o finalidade dun seminario desenvolvido estes días no centro que contou coa presenza dos técnicos da firma Pronor. Para estes profesionais, as vantaxes máis salientables serían as que citamos a continuación:
· Amais de escribir e debuxar, permiten reproducir vídeos e mesmo gravar a clase enteira para logo pendurala nunha páxina web ou plataforma de teledocencia. De feito, a tecnoloxía está equipada para poder subministrar os datos ó computador e sen que exista a necesidade de estar na propia clase.
· É posible achegar as clases en tempo real mediante a Rede e a través de diferentes tipos de canle: por teleconferencia ou videoconferencia. Isto deixa marxe ampla para a docencia en distintos espazos físicos (un mesmo profesor para distintas clases ó mesmo tempo), sexan aulas ou non.
· Os alumnos poden inserir as explicacións nos seus dispositivos de almacenamento.
· Trátase dunha tecnoloxía de menor custo cás actuais dalas de videoconferencia.
· Permite unha participación máis ampla dos mozos e mozas. Por exemplo: votacións ou probas de asimilación de contidos.
A Universidade de Vigo afonda nas vantaxes do encerado dixital interactivo
Compartir Este Artigo

