
O presidente de Microsoft debullou as pautas que seguirá a súa compañía nos vindeiros anos, en boa medida polos cambios que está a sufrir o xeito de explotar o software (que cada día se asemella máis a un servizo que a un produto); reincidiu no feito de que a compra de Yahoo! «non é unha estratexia, senón que é acelerar a nosa estratexia», ou sexa, que o único que perseguiría sería aumentar a masa crítica da súa plataforma publicitaria, pois actualmente a compañía de Redmond só move 3.500 millóns de dólares en publicidade na Rede mentres que Google chega aos 16.000 millóns de dolares, e o tamaño é un factor chave neste eido; preguntado pola desaparición de Bill Gates do primeiro plano de Microsoft, Ballmer tivo que asegurar que «ningunha empresa deste tamaño é unha única persoa» e «a alma da compañía son as 85.000 persoas que traballan connosco»; sobre a guerra das consolas de videoxogos, defendeu que a rebaixa da Xbox 360 é unha das chaves do futuro da súa plataforma de xogo; e sobre a apertura das API dos produtos de maior uso de Microsoft recoñeceu que tal decisión tivo unha grande implicación pola súa banda, apostilando que «Windows é mellor que Linux».
Finalmente, cuestionado sobre cales serían os principais competidores de Microsoft, Ballmer respondeu que serían 3: Google na publicidade, Apple no hardware e o código aberto no software.
Vídeo publicado por VNUNET no que se resume a intervención de Ballmer |

