O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xavier Blanco, vén de clausurar a xornada de presentación do proxecto Neurona (tal e como anunciamos onte xoves nesta mesma sección), unha Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas que agrupa a un total de 14 organismos representantes dos distintos sectores estratéxicos da economía galega.
O principal obxectivo de Neurona será darlle unidade ao conxunto de plataformas sectoriais de innovación potenciadas polo Goberno galego nos últimos dous anos nos diferentes sectores estratéxicos da economía galega, dende a automoción ata a agroalimentación.
O acto de presentación, no que participaron os responsables de cada unha das 14 plataformas tecnolóxicas galegas, contou coa asistencia de preto de 200 representantes do sec
O proxecto Neurona velará polas plataformas tecnolóxicas galegas
Compartir Este Artigo

