O grupo musical Radiohead revolucionara con seu disco In Rainbows o panorama musical, pois permitía que os seus seguidores descargasen o álbum a través da Internet fixando eles mesmos o seu prezo (que podía ser 0), e agora están a rematar a súa xira e se preparan para volver ao estudo para gravar un novo disco que desta vez volverá á senda tradicional.
O líder da banda, Thom Yorke, asegurou que a experiencia de permitir que os seus afeccionados marcasen o prezo dos seus discos foi «unha resposta única a unha situación particular», ou sexa, que a formación no dá as costas ás discográficas.
Na actualidade Radiohead tamén está a regalar dende a súa páxina web o single Violet Hill, o que chegou a colapsar o seu espazo virtual, pero neste caso se trata dunha iniciativa solidaria dentro dunha campaña contra a explotación infantil.
Radiohead non ofrecerá de balde os seus vindeiros discos
Compartir Este Artigo

