A pasada fin de semana Yahoo! rexeitou a oferta de compra de Microsoft, e lonxe de supor un respiro para o buscador, provocou unha caída na cotización bolsista da compañía pechando o pasado luns en 24,37 dólares, cando a compañía de Redmond chegou a ofrecer ata 33 dólares por acción.
Parece que os accionistas de Yahoo! non están nada conformes coa decisión dos directivos da compañía, pois incluso hai analistas que pensan que a cotización das accións poderían baixar ata os 19 dólares, polo que Jerry Yang, presidente de Yahoo! xa tivo que apresurarse a asegurar que continúan abertos a negociar con Microsoft, polo que o culebrón da venda de Yahoo! parece resistirse a chegar a un final.
Yahoo! podería continuar a negociar a súa venda a Microsoft
Compartir Este Artigo

