Panda Security denuncia que o 72% dos ordenadores de empresas cun antivirus actualizado están infectados por algún tipo de malware (aínda que só acontecería no 23% dos equipos domésticos) polo que lanzan a campaña Infected or Not, coa que buscan concienciar sobre o feito de que os antivirus non chegan para afrontar todas as ameazas de seguridade dos ordenadores conectados á Rede.
Para actuar contra este problema Panda permite que os usuarios particulares empreguen a súa aplicación vía web ActiveScan 2.0 para analizar o seu ordenador, mentres que as empresas poden usar o Malware Radar.
Panda inicia unha campaña para concienciar sobre a seguridade informática máis aló dos antivirus
Compartir Este Artigo

