
Valcarce substitúe a Ramón Mª Lois Santos, representante de Televés que, nos últimos anos veu desempeñando o cargo de presidente e portavoz de AETIC en Galicia, e que agora pasa a ocupar unha das vicepresidencias.
Deste xeito, a composición do Consello queda como segue:
– Presidente e voceiro ante a xunta directiva: Rafael Valcarce (Arteixo Telecom).
– Vicepresidentes: Antonio Rodríguez del Corral (R. Cable e Telecomunicacións) e Ramón Mª Lois Santos (Televés).
– Secretaria: Montserrat Pardo (Microsoft Ibérica).
– Vocais en representación de AIG, Coritel, Egatel, IBM, Itelsis, Tecnocom, Telefónica de España e Asociación INEO.
Logo de asumir a presidencia de AETIC en Galicia, Rafael Valcarce manifestou que unha das prioridades da asociación será “contribuír e colaborar con todas as entidades e administracións do sector TIC na comunidade autónoma para reducir a fenda dixital”.
Na imaxe, Rafael Valcarce, novo presidente de AETIC Galicia.
AETIC Galicia renova a súa xunta directiva
Compartir Este Artigo

