TVMix e Rojadirecta son 2 das webs que publican as axendas deportivas accesibles a través da RedeExisten distintas solucións baseadas en tecnoloxía P2P para compartir emisións televisivas en directo a través da Rede, e varias webs, como a galega Rojadirecta.com, que achegan información ao respecto, polo que se están a enfrontar a accións xudiciais por parte de entidades como Audiovisual Sport, Digital+ e a Liga de Fútbol Profesional, e agora coñecemos un caso no que a web acusada sae impune, pois un xuíz sobreseu as actualizacións contra TVMix.net ao considerar que non constitúe delito ofrecer ligazóns a transmisións deportivas que algunhas canles estranxeiras emiten en aberto. A causa estaba a tomar unha dirección moi perigosa, pois a información publicada por TVMix.net tamén se podía acadar de xeito doado a través de Google, polo que as dilixencias se ampliaran contra Google Spain, S.L. PPLive permite seguir centos de retransmisións deportivasÉ de agardar que nos vindeiros meses vexamos resolucións semellantes para outras páxinas web que publican información sobre o seguimento de actividades deportivas a través da Internet. Curiosamente isto coincide coa presentación dunha denuncia contra a plataforma chinesa PPLive por infrinxir o copyright da compañía Beijing Shidai Yingyin International Entertainment Co., que pide unha compensación de 330.000 iuans (30.317 euros). É a primeira vez que se emprenden este tipo de accións contra PPLive, que é un dos servizos P2P televisivos máis populares con 85 millóns de usuarios o pasado mes de outubro, e que ofrece acceso a centos de contidos entres os que está a NBA e o fútbol europeo.