Mañá martes, día 13 de maio, terá lugar no hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela a presentación do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC, que dirixe o escritor e enxeñeiro Xavier Alcalá.
Asemade, no mesmo acto, que promove o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial da Consellaría de Innovación e Industria para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008, terá lugar unha reflexión sobre o futuro da lingua galega na era dixital, da man do secretario xeral do COETG, Ramón María Lois Santos e a profesora de filoloxía galego-portuguesa da UDC, Pilar García Negro.
O COETG inicia mañá os actos de celebración do Día Mundial das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo

